martes, 12 de abril de 2016

PAPELEIRAS DE PLÁSTICO E ESTANTERÍAS DE CARTÓN

Os nenos/as de 6º levaron a cabo a elaboración dunhas papeleiras feitas con materiais de refugallo coma son as botellas de plástico e arame que fomos traíndo das nosas casas ao cole. Dividímonos por grupos e canda un deles construíu unha papeleira .

Tamén

NAVIDAD RECICLADA

Este ano co gallo do proxecto do reciclaxe quixemos levar a cabo entre todos o belén que representa o nadal,  que expusemos na entrada do Centro, e para elaboralo empregamos unha morea de materiais de refugallo. Velaí tendes o resultado.


















martes, 2 de febrero de 2016

MANIFESTACIÓN ARTÍSTICA CON BOTELLAS DE VIDRO

Todo o Centro apoiamos a iniciativa de 5º de Primaria que propuxo sair a fóra para levar a cabo unha manifestación artística.
E alí que nos fomos .

Os de 5º anteriormente na súa aula buscaron palabras que sexan substantivos abstratos, e despois de escribilas nun folio, metéronnas en botellas de vidro, colocándoas na verxa da entrada do cole.

Velaí vai o video do momento.


VISITA A SOGAMA

En Diciembre os de 5º e 6ºde Primaria fomos de visita a Coruña ao centro de Reciclaxe de Sogama, e alí despois dunha charla explicativa do proceso que realizan  poidemos observar de primeira man o seu traballo.

Equipados con chaleco reflectante, casco e mascarilla (que boa falta facía) entramos ata o meollo da instalación.

Ese día entendimos estas preguntas:
  • como se recicla
  • por qué se recicla
  • que fan co que se recicla.







Os videos amósanos todo o percorrido 





PALETS DO NOSO HORTO

Todos os alumnos do Centro decidimos traballar xuntos nunha labor especial.
Esta consiste en que faríamos uns hortos escolares para o noso cole utilizando para elo uns palets reciclados que nos deron, este proceso requiriu unhas cantas fases:

1.- limpar os palets
2.- lijar e deixalos ben lisos
3.- elexir os cores que máis nos gustaban
4.- pintalos
5.- cortar as botellas
5.- encher as botellas coa terra e sustancias orgánicas para que esté preparado cando sementemos.

Aquí deixamos a mostra, como podedes observar tivemos unha boa cooperación e os máis maiores axudaron os pequenos.


Visto e explicado por eles mesmos






XOGOS NO MAGOSTO

Os maiores do cole decidiron facer uns xogos moi especiais para poder disfrutar todos xuntos con eles.
Asique puxéronse mans a obra e cunhas sinxelas caixas de cartón e un pouco de pintura foron capaces de realizar todo o que podedes ver aquí¡¡ 
                         
                             







 Ven feito rapaces

BENVIDOS AO NOVO CURSO

Outro ano máis seguiremos traballando no noso Horto Escolar, ainda que ampliaremos un pouco o proxeto xa que tamén empezaremos a traballar o Reciclaxe e o Compostaxe.
Para que saibades como vai todo, deixámovos aquí o cartel explicativo con todo o que empezamos a facer.